Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Novas | O Concello de Camariñas acondiciona o...

Compartir:

O Concello de Camariñas acondiciona o Museo do Encaixe para protexer as pezas

Na fachada acristalada instalaranse vinilos decorativos con imaxes da Mostra e de Camariñas . Haberá cambios na pasarela do certame, que este ano non será elevada.

Luns 24 de marzo de 2014

O Concello de Camariñas está realizando obras de remodelación na fachada acristalada do Museo do Encaixe para protexer as pezas artesanais que alí se atopan, evitando que pase a luz solar. O equipo técnico está instalando uns vinilos decorativos nos ventanais que reducirán  o impacto  da luz do sol, xa que ésta pode afectar gravemente aos diseños de encaixe que alí se gardan. Ademais de reducir o impacto solar, os vinilos servirán para promocionar a Mostra do Encaixe e outros símbolos de Camariñas como o Faro Vilán, xa que haberá varias imaxes típicas que se poden ver dende o exterior. Nun deles lucirá unha imaxe deste emblemático edificio, noutro o cartel promocional da Mostra do Encaixe deste ano –unha noiva co traxe típico da comarca e mantilla- e noutro un cartel dunha pasada edición. Tamén aparecen  unhas mans de palilleira e o logotipo do encaixe de Camariñas como producto de calidade. As obras estarán listas para a Mostra do Encaixe que se celebra en Semana Santa, entre os días 16 e 20 de abril. A concelleira delegada da Mostra, Sandra Ínsua, destacou a importancia desta reforma, xa que ao tratarse dunha fachada totalmente acristalada as pezas poden verse afectadas e é primordial a súa protección. A organización da Mostra do Encaixe tamén está ultimando tódolos detalles deste evento e algúns cambios que se introducirán na pasarela e o recinto que acolle ao público.  Este ano a pasarela estará ao nivel do chan en forma de U, xa que ata agora era un paso elevado polo que desfilaban os modelos. En total terá vintedous metros de percorrido (10 de longo e 2 de ancho). E para que o público poida ver os desfiles perfectamente instalarase un graderío no recinto, con capacidade para  unhas 300 persoas. O deseñador Franco Quintáns será un ano máis o director da pasarela, onde se exhibirán os modelos de recoñecidos profesionais e doutros noveles. Nos vindeiros días pecharase o programa do certame e daranse a coñecer tódolos detalles da Mostra e outras novidades que se introducirán.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader