Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Novas | OBRADOIRO DE EMPAQUETADO CREATIVO PARA AS...

Compartir:

OBRADOIRO DE EMPAQUETADO CREATIVO PARA AS COMERCIALIZADORAS DE ENCAIXE DE CAMARIÑAS DE MECAM.NET

Luns 2 de xuño de 2014

Os días 3, 4 e 5 de Xuño desenvolverase de 20:15 a 22:15h no Centro de Iniciativas de Camariñas o curso de empaquetado para as tendas que comercializan os seus artigos baixo a marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade na web mecam.net do Concello de Camariñas.   Purificación Lema del Río, licenciada en Bellas Artes na especialidade de deseño gráfico e con experiencia docente será a monitora encargada deste obradoiro que ten como obxectivo dotar ás palilleiras e comercializadoras de mecam.net de destrezas, habilidades e práctica para realizar a presentación e empaquetado dos artigos mecam.net coas calidades e características aprobadas pola Marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade.   Xunto coas etiquetas, este empaquetado serán as sinais identificativas dos productos comercializados na web mecam.net. Produtos que están autorizados pola marca “Encaixe de Camariñas, produto de calidade” e están sometidos a protocolos de calidade e autenticidade.  


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader