Encaixe de Camariñas 2.0 Encaixe de Camariñas 2.0

Inicio | Novas | AS NOVAS ETIQUETAS E O EMPAQUETADO QUE...

Compartir:

AS NOVAS ETIQUETAS E O EMPAQUETADO QUE IDENTIFICARÁ OS PRODUTOS DE ENCAIXE DE CAMARIÑAS, PRODUTO DE CALIDAD VENDIDOS EN MECAM.NET

Venres 6 de xuño de 2014

os clientes que merquen artígos de encaixe de Camariñas na web mecam.net, poderán identificalos polas etiquetas mecam.net e o empaquetado exclusivo desta marca. Todos os produtos de mecam deberan levar estes elementos distintivos

Estes artígos teñen autorización do Concello de Camariñas para empregar a marca Encaixe de Camariñas, produto de calidade e estan sometidos a controis de calidade e autenticidade.

As etiquetas son numeradas e identifican os produtos, as súas características, a palilleira e a comercializadora do mesmo. Conta cun codigo Qr para descargar información sobre este artígo e a marca.

O empaquetado foi deseñado por Purificació Lema del Rio, licenciada en Bellas Artes e experta docente que se encargó de formar ás comercializadoras de mecam.net para dotalas das habilidades e aptitudes necesarias para executar este empaquetado.



Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader