Creando Encaixe

Condicións de venda e aviso legal


PREZOS E STOCK

Todos os produtos en Stock teñen o prezo marcado en Euros co IVE incluído, polo que o prezo final do produto será o que se amosa na web + gastos de envío.  (Salvo erro tipográfico). Os produtos que se fagan mediante deseño exclusivo pedido polo cliente deberán consultarse previamente por correo electrónico ou por teléfono para saber os prezos e prazos de entrega.

MODO DE PAGO E ENVÍO

Sistema de pagos
Todos os pagos, mediante tarxeta de crédito, como tarxeta de débito ou transferencia bancaria, poderanse realizar a través da plataforma PayPal. Vostede pode confiar na tecnoloxía de PayPal para protexer a seguridade e privacidade das transaccións e da información financeira.

  1. Modelos de risco antifraude. Os modelos de risco de PayPal son antifraude, patentados e altamente sofisticados, serven para detectar e predicir transaccións fraudulentas.
  2. Uso líder no sector da codificación de datos. Paypal utiliza a codificación de datos máis profusamente que ningunha empresa de servizos financeiros. 
  3. Protección da información financeira dos compradores. Paypal non comparte a información financeira do comprador cos vendedores, o que permite aos compradores sentirse máis seguros e confiados ao comprar a vendedores con PayPal.
  4. Servizos de empresa normalizados. PayPal utiliza un Código de seguridade da tarxeta (CSC, coñecido tamén como CVV2) para impedir o roubo de identidade. 
  5. Equipo anti-fraude. Paypal dispón dun equipo anti-fraude de máis de 1 000 especialistas de todo o mundo, que traballa ininterrumpidamente para axudar a manter a súas transaccións a salvo e asegurar que a súa información delicada permaneza privada.
Tamén aceptamos pagos contrarreembolso.

Os gastos de envío para España son xeralmente de 6 € (Prezo segundo tarifa Correos 2013, Carta Certificada ata 500 g. con contrareembolso). Para pedidos con máis peso variará segundo tarifa de correos.

Para outros países consultar. 

Os prazos de entrega
para os produtos en Stock será entre 5 e 7 días unha vez confirmado o pedido. Para os produtos por Encargo consultar por correo electrónico ou teléfono.  

Confirmación do pedido
: Unha vez recibido o pedido, prepararase o envío e mandarase unha confirmación por correo electrónico co importe final a pagar (prezo + gastos de envío segundo peso) no momento da recollida.

GARANTÍA E DEVOLUCIÓN DE PRODUTOS

Os produtos están garantidos en canto a súa calidade, aínda que sendo produtos artesás cada produto é único. Se cando reciba o seu pedido non queda satisfeito, ten un prazo de sete días dende a data de recepción para executar o dereito de devolución (segundo artigo 7/1996 de 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Minorista).

*Os gastos de envío e recollida en caso de devolución correrán por conta do cliente.
*Os produtos deberán enviarse ao seguinte enderezo:
Creando Encaixe

Lg. Sixto, núm. 6
15122 Xaviña

Camariñas
A Coruña

Unha vez recibida a mercancía, previa comprobación da mesma, procederase ao reintegro de seu importe mediante transferencia no núm. de conta que o cliente nos facilite. O dereito de desestimento do comprador non implica a imposición de penalidade algunha, pero deberá indemnizar os desperfetos, se os tivese, do produto devolto.



Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Galicia Agader